Repulsa declaracións de Rosa Díez

 

Así pois EU manifesta a súa máis enérxica repulsa ante a grave ofensa proferida, por Rosa Díaz, ao pobo galego. Para a nosa organización a actitude da portavoz de UPyD, lonxe de ter “sentido do humor” é inaceptable e constitúe unha humillación contra todos os galegos e galegas.

 

En declaracións realizadas onte, a Coordinadora Xeral de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, condenou a actitude da líder de UPyD e esixiulle unha inmediata rectificación ante a grave ofensa proferida contra o pobo galego. A Coordinadora Xeral indicou que é unha vergoña que unha deputada, que ademais é a portavoz do seu partido, insulte a todo o pobo galego. Yolanda Díaz considerou aínda máis grave o feito que Rosa Díaz se negue a rectificar.

 

Pola súa banda, o Secretario de Organización de EU, César Santiso,  preguntouse si os votantes e simpatizantes de UPyD na Galiza séntense representados pola súa líder ou si con a actitude amosada consideran que Rosa Díaz pode defender os seus intereses. Finalmente, invitou a sociedade galega a darlle as costas a un partido político cuxa líder denota claros síntomas racistas sobre o noso pobo.

Relacionados