A Coruña Reumo Acto Público

Aínda que a coalición Esquerda Unida – Os Verdes aposta polo trato directo coa cidadanía nas rúas, tamén realizamos os tradicionais mitins.

Esquerda Unida enche o CEIP Eusebio da Guarda nun emotivo acto que serviu de presentación da candidata por A Coruña, Mariluz Canal. Jorge Gil, responsábel de organización,  guiou o mitín.

 

O voceiro do grupo municipal de EU-V na Coruña, César Santiso o candidato ao Senado, Suso Díaz e a candidata ao Congreso dos deputados, Mariluz Canal, participaron no acto público que inicio César Santiso explicando que as causas desta crise atópanse na avaricia dos especuladores e os banqueiros e na debilidades duns gobernantes que actúan ao ditado dos poderosos. César Santiso animou a rebelarse nas urnas, “uns dos poucos dereitos que aínda nos quedan, logo da política de recortes do PSOE”, porque temos que elixir entre democracia ou ditadura dos mercados. Santiso  mostrouse confiado en que o 20N EU-V dará a sorpresa na Coruña “o fixemos fai seis meses obtendo representación no Concello, si naquela ocasión duplicamos os nosos apoios, porque non o vamos a facer agora? Cando a cidadanía está a tomar consciencia do engano e obsérvanos como a esquerda real e pragmática que non so está coa maioría seno que resolve os seus problemas, como o estamos a demostrar no Concello da Coruña”.

 

De seguido tomou a palabra Suso Díaz quen nunha intervención maxistral definiu a situación actual na que se une a crise financeira e económica cunha crise medioambiental o que demostra que o actual sistema económico capitalista está esgotado. O veterano candidato que fora secretario xeral do sindicato nacional de CCOO explicou que so existe unha saída a crise, e esta é dende a esquerdas a través do investimento do Estado na economía produtiva e o fortalecemento dos servizos públicos básicos como sanidade, educación e servizos sociais, algo que se podería facer sen provocar o endeudamento do Estado si se loita eficientemente contra o fraude fiscal e a economía mergullada que supón, segundo os propios técnicos de facenda, máis do 20% do PIB.  Díaz Avogou por un novo sistema tributario que sexa verdadeiramente progresivo para poder redistribuir a riqueza e acadar a xustiza social, tal e como recolle a Constitución “as rendas do capital teñen que tributar, como mínimo, igual que as do traballo”. Finalmente criticou as políticas neoliberais desenvolvidas polo PSOE baseadas no sistemático recorte de dereitos.  

 

Por último interviño Mariluz Canal quen nun emotivo discurso fixo un repaso por as principais propostas programáticas da coalición Esquerda Unida – Os Verdes. Un programa que xurdiu do traballo de milleiros de persoas de esquerdas que achegaron as súas propostas na convocatoria social programática desenvolvida durante os meses anteriores a través de foros e asembleas ao longo de todo o estado. Froito dese traballo participativo e democrático xurdiron as sete revolucións: económica, democrática, dos servizos públicos, ambiental, para a igualdade, cultural e pola paz, das que a candidata ao Congreso por A Coruña explicou que son a ferramenta para amplíar os marcos de liberdade e participación e garante o benestar económico, social e cultural da cidadanía.

Canal indicou que a saúde, a educación, os servizos sociais, o subministro de auga, a enerxía ou o transporte público sostenibel non son mercaderías senon servizos públicos que dependen da responsabilidade do Estado e Equerda Unida – Os Verdes pulará porque así sea.

 

Mariluz Canal, que avogou pola igualdade como eixe vertebrador e transversal, pero non so entre mulleres e homes senón que tamén no eido da diversidade sexual e a inmigración, mostrouse con confianza de acadar representación no Congreso dos Deputados e animou aos asistentes a transmitir a mensaxe de boca a boca de que Esquerda Unida – Os Verdes é a alternativa.

Relacionados