Residencia universitaria pública

 

Esquerda Unida rexeita que a Xunta condicione a construcción da residencia universitaria pública á súa xestión privada. Esta incoherencia da Xunta que tempo atrás apostara pola xestión pública por parte da propia universidade, suporá de novo anos de atraso no seu desenvolvemento, mentres os coruñeses e coruñesas seguimos a observar como os poderes públicos esquecen os seus compromisos en investimentos na nosa cidade. Asemade, xa temos suficientes casos de mala praxes por parte das concesionarias de servizos públicos, como para saber que a privatización redunda en molestias para os usuarios, conflictos laborais e baixa calidade nos servizos prestados.

 

Así, a Xunta de Galicia utiliza a falta de fondos como desculpa para a privatización máis como indica o voceiro de EU-V, César Santiso, “semella curioso observar como a xunta alega falta de capital para desenvolver a prometida residencia universitaria pública mais ten intención de investir unha ducia de millóns para o capricho do alcalde de soterrar o tráfico na mariña”.

 

O novo alcalde ten declarado que daría unha puñada enriba da mesa cando foxe necesario, incluso no seu discurso de investidura comprometeuse coa Universidade e a mocidade coruñesa, con todo, agora por intereses partidistas da por bo o chantaxe da Xunta da Galicia a Universidade coruñesa.

   

Xa que logo, o grupo municipal de EU-V esixe ao Goberno municipal que defenda os intereses da cidade en xeral e do colectivo de estudantes universitarios en particular en lugar de facer seguídesmo partidista.

Relacionados