Residencia universitaria publica

 

Esquerda Unida rexeita que a Xunta condicione a construcción da residencia universitaria pública á súa xestión privada. Na Coruña xa temos moitos casos de mala praxes por parte das concesionarias de servizos públicos o que redunda en molestias para os usuarios, conflictos laborais e baixa calidade nos servizos prestados.

 

Así, a Xunta de Galicia utiliza a falta de fondos como desculpa para a privatización máis como indica o voceiro de EU-V, César Santiso, “semella curioso observar como a xunta alega falta de capital para desenvolver a prometida residencia universitaria pública mais ten intención de investir unha ducia de millóns para o capricho do alcalde de soterrar o tráfico na mariña”.

 

O novo alcalde ten declarado que daría unha puñada enriba da mesa cando foxe necesario, incluso no seu discurso de investidura comprometeuse coa Universidade e a mocidade coruñesa, con todo, agora por intereses partidistas da por bo o chantaxe da Xunta da Galicia a Universidade coruñesa.

   

Xa que logo, o grupo municipal de EU-V esixe ao Goberno municipal que defenda os intereses da cidade en xeral e do colectivo de estudantes universitarios en particular.

 

“Que ninguén se pregue aos intereses partidistas como está a facer o goberno municipal, si toda a corporación rexeita unanimemente a xestión privada, de seguro que somos quen de reverter a situación e acadar unha residencia pública xestionada pola propia universidade, tal e como demandan estudantes e universidade”. Así, César Santiso demandaba unidade de acción a todos os grupos municipais para defender os intereses da nosa cidade.

 

Relacionados