Residencias de maiores, Covid e especulación

Descarga o documento:  2020-Residencias-de-maiores-Covid19-e-especulación

Nestes anos, o goberno da Xunta de Galicia veu implementando un modelo errado de privatización que pon en risco a saúde. O incremento da tendencia privatizadora deste tipo de residencias en Galicia é un feito: actualmente, máis do 65% das prazas ofertadas en residencias de maiores son privadas. É dicir, a Xunta segue fiando as prazas de residencia aos xestores privados e, por tanto, dá por bo o modelo mercantilista que instrumentaliza a vellez e a dependencia como unha oportunidade de negocio, e que aproveita as necesidades dunha poboación cada vez máis envellecida que sofre o desamparo da administración pública.

O Goberno autonómico delega na iniciativa privada e confórmase con concertar camas e ofrecer axudas aos residentes en lugar de desenvolver un sistema público de residencias que cubra a cada vez maior demanda. Detrás, existe un sistema especulativo de empresas multinacionais e fondos de investimento que tende á acaparación e o monopolio, coa consecuente precarización do servizo e do emprego.

A economía especulativa converteu a xeriatría nun gran negocio que no últimos catro anos viuse inmerso nun imparable proceso de compra e venda, polo menos ata a chegada da pandemia de Covid-19.

Esquerda Unida presentaba neste mes de abril de 2020, un estudo sobre o negocio especulativo na asistencia das persoas maiores converténdose  nun negocio que tende á concentración en cada vez menos mans, cunha tendencia moi clara ao monopolio.

 

Relacionados