Residencias de maiores, Covid_19 e especulación [contén documento]

Desde o inicio da pandemia de coronavirus e a medida que a situación de contaxios e vítimas se agrava, estamos a asistir á dramática realidade das residencias de anciáns e centros de persoas con discapacidade.

Se o virus se ceba coas persoas maiores de 65 anos debido ás dificultades respiratorias que provoca e á menor resposta do seu sistema inmunolóxico, a situación das residencias de maiores estremece, con contaxios xeneralizados e mortes de residentes en moitos centros.

Esta situación límite das residencias, levou á Fiscalía Xeral do Estado a incoar dilixencias de investigación o pasado 23 de marzo, que posteriormente arquivou para derivalas ás Fiscalías provinciais por motivos competenciais. A ministra de Defensa declarou nunha entrevista que o Exército atopara nalgunhas residencias “a maiores absolutamente abandonados, cando non mortos nas súas camas” e que sobre as que incumprisen as súas obrigacións caería “todo o peso da lei”.

Aquí podedes descargar o documento elaborado dende Esquerda Unida  2020-Residencias de maiores, Covid19 e especulación onde se recolle o camiño especulativo en torno ás residencias privadas de maiores.

Relacionados