Ata o lugar dos feitos, na estrada de San Cristovo das Viñas, acudiron membros da nosa organización que observaron un regueiro de liquido escuro cun olor característico a gasolina, gasóleo e aceites, como queira que os hidrocarburos son altamente inflamábeis, existe a posibilidade de que o problema medioambiental poida desencadear nun problema de seguridade cidadá, xa que logo, denunciamos a situación e o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes solicitou ao Goberno municipal que resolvese con urxencia o problema medioambiental mediante unha preguntará no oleno de decembro.
Logo de recibir a resposta do Goberno municipal a nosa batería de preguntas, na que se informaba que localizaron o vertido e da súa solución, así como da apertura do correspondente expediente sancionador, se procedese. De novo acudiron membros da nosa área de medio ambiente ao lugar e comprobaron que efectivamente o vertido cesou e arranxouse o problema, cambiando tubaxes e aplicando produtos de selado para formar galletas de aglomeración que evitaran a transmisión do vertido a outros puntos.
Polo tanto, Esquerda Unida saúda que o Concello atendese con dilixencia a denuncia de EU-V sobre o vertido de hidrocarburos no Birloque. Asemade a área de medio ambiente anuncia que pasado un tempo prudencial regresarase ao lugar para comprobar que se retiraron as galletas de aglomeración e que a zona queda totalmente limpa.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “demostrase unha vez máis que somos unha ferramenta útil para a veciñanza, animamos a cidadanía a que denuncie todo tipo de eivas o irregularidades porque teñen o noso compromiso de que atenderemos todas e cada unha das denuncias”.
César Santiso finalizou subliñando que “entendemos a política como un servizo a cidadanía, por iso sempre acudiremos cando a veciñanza nos reclame para tentar axudar na medida das nosas posibilidades”.