Resolución CPN

1. O importante apoio que as candidaturas de AGE tiveron da cidadanía galega afúndase para EU na concrección dun proxecto político unitario que trascende dos seus propios compoñentes internos, persoais e mesmo partidarios ou organizativos. É vontade deste CPN trasmitir a súa aposta por non frustrar esta confianza e traballar en ampliar e convertir ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA nunha ferramenta máis forte e capaz de enfrontar as políticas que agreden dereitos e vidas da xente do común.

2. Porque entendemos que o actual escenario político obriga a construír este Bloque  Político e Social, porque entendemos que asistimos a unha aposta estratéxica que ratificamos sen ambaxes na nosa XI Asemblea, por estes motivos non podemos poñer en cuestión tanto os acordos do grupo parlamentar como os mesmos acordos de manter os equilibrios emanados nas urnas o 21 de outubro.

3. Que tal e como expresou a executiva nacional, o Consello Político Nacional respeta os motivos polos que o compañeiro David Fernández Calviño formula a súa intención de renunciar á devandita acta e recoñece o traballo e colaboración estreita cos deputados e deputadas de AGE con militancia en Esquerda Unida.

4. Que este CPN fará valer e respetará os acordos internos do grupo parlamentar, o acordo da executiva nacional do luns 21 de outubro, o acordo do Consello Político Comarcal de EU de Ourense do24 de outubro e os acordos entre as catro forzas políticas conformantes de AGE de respetar o equilibrio e polo tanto non alterar máis a desproporción existente no grupo saído das urnas.

5. Que este Consello Político Nacional, recoñecendo o esforzo persoal e político da compañeira Carmen Iglesias Sueiro para o bo suceso da candidatura de AGE en Ourense, solicítalle que reconsidere a súa posición de non renunciar á acta no caso da renuncia de David Fernández, xa que entendemos como xusto e leal o criterio de que un posto que cesa, queda vacante ou se produce unha renuncia do titular da acta, ten que ser sustituído por outra persona da mesma formación política das que compoñen a coalición AGE, neste caso de ANOVA.

Este Consello Político Nacional mandata á Comisión Executiva para facer efectivos estes acordos.

En Compostela a 26 de outubro de 2013

 

CONSELLO POLÍTICO NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA

Relacionados