Responsabilidades urbanísticas

 

O grupo municipal de EU-V considera que os 78 millóns de euros que estima a asesoría xurídica necesarios para afrontar indemnizacións da errática xestión urbanística do Concello xustifican sobradamente a apertura de comisións de investigación.

Sen ir mais lonxe, esta mesma semana as eivas urbanísticas votan a poñer en xaque ás arcas municipais do Concello coa última sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respecto ao Edificio Conde de Fenosa.

Si esto non fose pouco, recentemente coñeceuse que o Concello utilizará cartos de toda a veciñanza para regalarlle a unha construtora de Lugo 319.000 euros en compensación por un pelotazo urbanístico que saíu mal, cando o pago dos terreos ao Concello por parte desta foi dun tercio da compensación pactada por detectar canalizacións baixo o terreo non declaradas polo Concello a hora da venta dos terreos.

Fai uns meses, cando o PP estaba na oposición, pedía constantemente a creación de comisións de investigación e a depuración de responsabilidades en distintos asuntos.

Esquerda unida presenta unha moción para que o pleno do Concello acorde investigar posíbeis responsabilidades urbanísticas, coa seguinte proposta de acordo:

O Pleno do Concello da Coruña, en base a criterios elementais de ética e transparencia, acorda instar á alcaldía a que cree as Comisións de Investigación que resulten necesarias para depurar as responsabilidades políticas derivadas de los escándalos urbanísticos ocorridos nas últimas décadas no Concello da Coruña nos casos: Conde de Fenosa, Someso e Parque Ofimático, tal e como demanda a cidadanía.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “non cesaremos no noso empeño de que a veciñanza coñeza nomes e apelidos dos culpábeis das múltiples eivas urbanísticas”.

Relacionados