Esquerda Unida considera inaudito que o alcalde fale dunha xestión con sentidiño cando vai dilapidar millóns no soterramento do tráfico no Parrote e converteunos nunha das cidades con maior gasto en festexos per cápita, tanto é así que os nosos estrafalarios malgastos en festexos apareceron en telediarios de diversas cadenas estatais, para vergoña dos coruñeses diante de toda España. Asemade a construción do túnel da Mariña semella unha obra faraónica de dubidoso interese público nestes momentos de crise e sufrimento da cidadanía.
EU critica que o PP afirme “non gastar máis do que ten”, cando ven de solicitar un préstamo bancario por importe de 11,45 millóns de euros, ou que alardee de reducir gastos innecesarios, algo relativamente fácil, cando o complicado é facer unha xestión eficiente dos cartos públicos, neste sentido lembramos que o goberno municipal ten 60 millóns pendente de cobro, sendo as concesionarias de servizos e as empresas promotoras urbanísticas os maiores debedores do Concello.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta que ningún obxectivo dos anunciados polo goberno municipal, teña que relación coa reactivación da economía local e a xeración de emprego. Semella curioso observar como as políticas municipais descorren polo camiño contrario ao que a lóxica e o sentido común ditaminan. Mentres semella lóxico centrar a actividade municipal en promover o cambio do modelo produtivo para que as nosas empresas señan competitivas e xeren emprego, tal e como promove Coruña Futura e EU leva anos demandando. O PP centra a súa actividade no ladrillo e o formigón, os festexos e o turismo, precisamente os eidos que os propios economistas do Banco Mundial aconsellan transcender para centrarse nunha economía produtiva real e sostible.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o cualificativo que xe adxudica o alcalde de “director comercial non podía ser máis adecuado, todos sabemos que un bo comercial ten que ser capaz de vender calquera cousa, canto máis un director, neste caso véndennos fume a esgallo”. Neste sentido Hai que ter cara dura para afirmar que “escoitan aos coruñeses”, cando están a cercenar a participación cidadá creando redes clientelares e castigando as asociacións veciñais que non son da súa corda. Resulta inverosímil que se poda falar de transparencia cando rexeitaron todas as nosas propostas neste sentido, incluídas as de por a disposición da cidadanía os expedientes de subvencións e contratación de servizos e obras ou retransmitir os plenos.
Finalmente Santiso salientou as diferenzas no modo de entender a política “mentes o alcalde quere ser o director comercial da cidade, nos queremos ser a voz da cidadanía no concello para que a institución traballe por y con a veciñanza”.