Retirada de Subsidios

Esquerda Unida considera ilegal, inxusta e inhumana a exclusión do programa de renda activa de inserción dun parado de longa duración. No mes de novembro Jose Manuel padeceu un brote psicótico que lle incapacitou para desenvolver a súa vida habitual e lle obrigou a permanecer encamado durante todo o mes, motivo polo cal non puido acudir ao Servizo Público de Emprego a pasar a correspondente revista tal e como a normativa establece. Diante desta situación retiráronlle a prestación que viña percibindo, motivo polo cal o prexudicado presentou a correspondente alegación achegando os perceptivos informes médicos do Sergas que corroboran o anteriormente expresado.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que a resolución de exclusión da prestación da RAI e posterior desestimación da reclamación infrinxen o propio artigo do Real Decreto no que se ampara. Efectivamente o artigo 9 do Real Decreto 1369/2006 de 24 de novembro, no seu apartado b especifica que “causa baixa definitiva non comparecer previo requirimento ante a dirección provincial do servizo público de emprego, non renovar a demanda na forma e datas que se determinen…” máis finaliza indicando “salvo causa xustificada”. Dende EU, consideramos inaceptable que non se acepte como causa xustificada o informe médico que acredita a imposibilidade de acudir a cita, asemade entendemos que non se está aplicando o espírito da norma que busca a responsabilidade dos perceptores da prestación, non o atallo para retirar o subsidio.

César Santiso, indicou que “algo faia no noso sistema cando os poderes públicos desatenden os criterios de xustiza e humanidade e, incluso, retorcen a lexislación por meros criterios de aforro económico a costa de deixar a persoas na exclusión social. Semella que o PP está a retorcer a lei con interpretacións torticeiras para aforrar cartos a conta dos mais necesitados, amosando unha alarmante falta de humanidade”.

“Primeiro foi a Xunta co bloqueo da tarxeta a sanitaria fai un ano, agora é o Ministerio de Emprego e Seguridade Social”, salientou Santiso quen se preguntou si esta actuación non será unha represalia, porque Jose Manuel foi o cidadán que, con valentía, denunciou publicamente o bloqueo da súa tarxeta sanitaria.

José Manuel Iglesias explicou que se queda sen percibir ningún tipo de ingreso, e que neste último medio año o mantén a súa filla que cobra un salario de media xornada de 525 €, así unha vez descontados os 200 € de aluguer mensual, quédanlles 325 € a ambos para subsistir. Ao que hai que descontar 12€ mensuais das menciñas que ten que tomar para superar a súa enfermidade que lle obriga a parar tempadas de até un mes pechado en casa.

José Manuel indicou “Me están sacando de mis casillas, ya no se que voy a hacer, me encuentro undido”.

Relacionados