Javier Galán fixo logo un breve repaso polas eivas e ambigüedades dun Plan que non conta con informes xurídicos de Intervención, o que xa de seu é indicativo da fraxilidade legal na que se atopa. Plan que se presenta sen tempo para que a oposición política achegue suxestións e que non se negocia cos sindicatos con representación no concello, nunha praxa abertamente antidemocrática.
Plan que non é necesario, que somentes serve para darlle cartos ás entidades bancarias por importe 4,2 millóns de euros nos vindeiros tres anos, á vez que se liquidan sen executar 3,9 millóns de investimentos acordados por EU e PSOE en 2011.
Esquerda Unida quere salientar que o aforro de 600.000 euros nas cotas á Seguridade Social anuncian a amortización de empregos e polo tanto o empeoramento ou cancelación dos servizos públicos afectados.
Outro tema relevante é a cuestión das horas extraordinarias que o Goberno suprime e que nos leva a seguinte reflexión: acaso eran innecesarias ate o de agora ou do contrario que servizos vanse ver comprometidos cando levamos só un trimestre de exercicio nas actividades de aquí a fin de ano.
Plan, en resumo, que non é necesario, que somentes serve para darlle cartos ás entidades bancarias por importe 4,2 millóns de euros en amortizacións nos vindeiros tres anos, á vez que se liquidan sen executar 3,9 millóns de investimentos acordados por EU e PSOE en 2011. “O PP cambia endeudamento oneroso e superfluo por cancelación de investimentos necesarios”, sinala Javier Galán. Din que aforran aqui o que van enterrar na Praza de España, verdadeira obsesión deste Goberno dende a retirada da estatua do ditador.