Retirada do vao ilegal

 

Fai uns días denunciamos a existencia dun garaxe ilegal na urbanización das Xubias que mantiña dende fai anos unha placa de vao permanente falsa, a pesares das denuncias da veciñanza no Concello e o informe 2006 da policía local que certifica a existencia da devandita sinal falsa. Este feito, xunto con outros moitos que estamos a investigar, constitúen a constatación de que uns poucos privilexiados poden incumprir as leis, falsificar elementos de sinalización viaria, incumprir os usos urbanísticos permitidos para os locais que posúen ou ter negocios sen pagar a licenza e os impostos correspondentes. Mentres o resto da cidadanía que cumpre as leis e pagan os seus tributos baixo pena de recibir todo o peso da Administración, tamén teñen que soportar como o Concello obvia as súas denuncias.

 

Esquerda unida felicítase pola retirada do vao permanente falso nas Xubias mais advirte que o garaxe ilegal segue a utilizarse. O Concello logo de seis anos non regularizou a situación e a día de hoxe, aínda que a placa retirouse grazas a nosa denuncia, o garaxe ilegal segue no seu sitio como demostra a cédula de información catastral do local descargada da páxina web do Catastro na que se ve que entre os usos permitidos do local no está o de garaxe mais no interior do local seguen aparcándose coches.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará no Pleno ao Goberno municipal cales son os motivos polos que non sancionou aos infractores asemade de instalo a restituír con  urxencia a legalidade. Esiximos ao Goberno municipal que non mire para outro lado e faga recaer todo o peso da Lei sobre os infractores aplicando a sanción que corresponda e impida que se manteña no tempo a devandita situación.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “coa nosa labor de inspección e denuncia conseguimos en seis días o que o Concello non logrou en seis anos, mais non pararemos ata que se abandone o uso ilegal do baixo como garaxe e os culpábeis sexan sancionados. Convidamos a calquera que viva ou coñeza algunha situación de desigualdade a que contacte con nós, faramos todo o que este na nosa man para rematar con ese tipo de beneficios porque todos somos iguais en canto a dereitos e obrigas”.

Relacionados