Retirada símbolos franquistas

O 17 de marzo de 2010 presentáramos unha moción para a retirada do escudo franquista que aínda hoxe se pode ver na facultade de Químicas, para fundamentar esta petición faciámonos eco de orde CUL/3190/2008 pola que se ditan instrucións para a retirada de símbolos franquistas nos bens da Administración Xeral do Estado e os seus organismo públicos dependentes.

Tamén expoñiamos a lei 56/2007, na que no seu artigo 15 establece que as Administracións Públicas, tomarán medidas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxecto ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da Represión da Ditadura.

A pesares desta moción, e unha rogativa á USC, tal é como dicíamos daquela, aínda temos que soportar de forma dorosa para as xentes realmente democrática o escudo franquista na fachada de Químicas.

Mais non só temos que padecer o ignominioso recordo da longa noite de pedra da ditadura fascista de Franco nesa facultade, según a información que nos consta ao Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela na fachada de Correos cara a Travesa de Fonseca existe un símbolo franquista simplemente tapado, denigrante para calquera persoa que defensa a memoria democrática do noso país, debe ser retirado.

Algo similar ocorre nas escaleiras de acceso á estación de tren pois, según a información da que dispoñemos, tamén se atopa un símbolo franquista oculto á cidadanía pero aínda hoxe presente cando tiña que haber sido retirado como os anteriormente citados

Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza a seguinte pregunta para a súa resposta por escrito:

1. Cando levará a cabo o Concello as medidas oportunas para retirar os símbolos franquistas existentes nos diferentes espazos e edificios públicos da nosa cidade?

Relacionados