A definición da C.M. de Vincios foi moi fácil: “nós somos como una empresa, non hai mais”, eles administran o monte dos comuneiros da súa parroquia, o 33% do solo do polígono industrial da “Paxase” e nas súas terras teñen o Punto Limpo, que está ao servizo dos cidadáns de Gondomar.
A pesar de ser fácil a definición, levar todo isto a cabo non é tan doado, e menos se dende o concello hai trabas. O Concello débelle o pago do Punto limpo de este último ano, eles non se mostran preocupados, xa que emprenderon acción legais e tarde ou temprano han de pagalos, cos seus respectivos intereses.
Nos últimos meses o Galiñeiro está a ser o eco das noticias da comarca debido a que a Xunta de Galicia quere implantar un parque eólico en toda a Serra do Galiñeiro, afectando aos concellos pertencentes a ela, incluído Gondomar. Isto ven dado xa dende cando Fraga era presidente da Xunta, e a repercusión na Serra sería desastrosa para fisionomía e futuro da Serra debido a dificultade de implantación dos aeroxeradores. A C.M. de Vincios está totalmente en contra, independentemente dos beneficios económicos que poida traer, a fermosura do Galiñeiro non se recuperaría xamais, deixar un bo legado ao nosos descendentes é primordial para que todos poidamos disfrutar del e que a Serra do Galiñeiro non sexa un bago recordo. Nisto coincide E.U. coa Comunidade, por iso nós posicionámonos en contra do Parque eólico, e que nos próximos días faremos efectivo por escrito.
Tamén expresáronnos a súa preocupación polo futuro PXOM, que non da chegado , e o que ven xa é titular de noticias. Queren que se regularice xa a situación da “Paxase”, que se humanice, xa que non ten servizos, como o da depuración de refugallos, hoxe en dia. O PXOM é primordial para a Paxase, para poder dotala do P.E.R.I., e poder seguir crecendo, xa que é motor de traballo de moitos gondomareños.
En canto ao “Plan MOVE”, eles creen que é imprescendible unha circunvalación para Vincios, xa que desatascaría o centro da parroquia, pero non por donde o traza a Xunta, senón por un sitio menos conflictivo e ben estudiado.
Pola nosa parte, incorporaremos ao noso programa as petición da C.M. de Vincios, todas aquelas que sexan acordes aos parámetros de EU.