ferrol.gif - 5.79 Kb

Reunión coa Dirección Xeral de Patrimonio

 

A nosa organización solicitou esta entrevista o día 3 de marzo nunha misiva na que  Yolanda Díaz, Voceira do Grupo, salientaba a urxencia e importancia  dunha acción pública rehabilitadora, que permita dotar ao conxunto do barrio e ás vivendas das condicións de habitabilidade e confort propias dunha sociedade que se quer cohesionada.

 

Na comunicación a Voceira de EU manifestou o indubidable valor cultural e histórico que expresa Recimil e asemade as grandes posibilidades que expresa Recimil no eido das políticas públicas de vivenda.

 

A nosa organización vai traballar arreo para achegar esforzos a prol da cooperación e colaboración entre as diversas administracións públicas, concello, Xunta e  ministerio para facer posible a mellora das condicións de vida da veciñanza do barrio.

Relacionados