Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, insta ao Goberno Municipal a elaborar un proxecto para humanizar unha praza que constitúe un espazo central no artellamento do barrio de Esteiro. Cómpre desenvolver unha iniciativa urbanística que permita mellorar este espazo cidadá e fornecer os espazos públicos adicado ao encontro e a vida social da cidadanía.
A nosa organización considera necesario atender unha demanda de vello da veciñanza e da propia asociación veciñal, para configurar un novo espazo de encontro e relación para as veciñas e veciños de Esteiro. As calidades da zona son acicate para elo.
A relevancia da Praza das Vítimas do 11 de Marzo vén da man das súas dimensións e posición no barrio, incluso a súa cercanía da universidade, e a converten nun ámbito merecente da maior atención. Xa que logo, EU pide ao Goberno Municipal que aposte pola urxente reurbanización da praza e coide desta maneira ao barrio de Esteiro.