Revista municipal,pasquín electoral

Esquerda Unida considera indecente, bochornoso e deshonesto que o goberno municipal utilice cartos públicos para facer publicidade electoral, que é o que significa a revista LCG que cunha tirada inicial de 1000 exemplares, repartirase gratuitamente nos edificios municipais. Este pasquín electoral, camuflado en formato de revista corporativa para que a paguen todos os coruñeses e coruñesas, enxalza a xestión do goberno municipal, mentres ataca á oposición.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o PP debe estar moi preocupado diante da posibilidade de perder a alcaldía cando ten que recorrer ao xogo sucio, semella rastrero ofrecer a cidadanía información institucional sectaria”.

César Santiso subliñou que “aínda por riba teñen a cara dura de presentala como un servizo público divulgativo e como un instrumento de participación cidadá, cando no seu interior amosa unha visión bucólica do traballo do goberno municipal e non dedica nin unha soa liña a mostrar a visión dos distintos grupos políticos da oposición que tamén formamos parte da corporación”.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes alerta que a revista LCG editada a conta do concello, é un novo exemplo da terxiversación informativa que o PP fai en nome da corporación, o fai constantemente coa web municipal onde presenta información sesgada e tendenciosa. Por exemplo a veciñanza non pode acadar información real do acontecido nos Plenos, pois a información que se colga é única e exclusivamente a posición do goberno municipal, obviando ao resto de grupos municipais, ademais na web municipal preténdese enganar á cidadanía, trasladando a información como si fose corporativa. Así non é de estrañar que o PP rexeitase todas as nosas propostas para que os plenos se retrasmitisen en directo e se colgasen na web (operación que non tería custe económico, pois xa se están a grabar pero non se difunden publicamente.

En definitiva atopámonos diante dun goberno local trampulleiro que socava o acceso á información da veciñanza para acadar rédito electoral.

 

Relacionados