O coordenador local de EU Rubén Pérez considera que a pinza PP-PSOE están desmantelando os cimentos do estado de benestar e a regulación do déficit mediante a reforma do artigo 135 da constitución significará para concellos como o de Vigo que asumen numerosos gastos impropios (aqueles que lle corresponden a outras administracións pero asumen os entes locais) como as becas de comedor ou libros, axudas ao comercio, etc….unha situación de parálise nos servicios e na calidade laboral da contratación pública.
Rubén Pérez considera que “un Parlamento esgotado, coas eleccións xerais convocadas para o 20 de novembro, non está lexitimado moral e políticamente para realizar unha reforma na Constitución desta magnitude e é fundamental conseguir que se someta a un Referéndum que volte a dar o protagonismo ao pobo para decidir o seu futuro.
Rubén Pérez recorda que o Concello de Vigo vive na “corda floxa” orzamentaria, tras anos de despilfarros e subidas do endebedamento con entidades financieras, esta nova situación de tope de gasto público pode significar a entrada en barrena do noso concello, algo que a actual corporación non parece prever dando por boa a anterior política de gasto en obra pública ornamental.
ESQUERDA UNIDA considera que este goberno municipal acudirá sen dudado a financiación privada para paliar a diminución do teito de endebedamento que se artelle na reforma constitucional co que o concello previsiblemente pode quedar completamente privatizado nos servicios e en mans dos especuladores financieros
EU realizará unha proposta alternativa de orzamentos para 2012 que prioricen o gasto social e eliminen nun 70% os gastos de representación e remunicipalicen servicios públicos. Porque, en palabras de Rubén Pérez, a esquerda é nestes aspectos onde traza un meridiano político coa dereita”
ESQUERDA UNIDA súmase activamente a convocatoria de movilización proposta por DEMOCRACIA REAL DE VIGO o vindeiro domingo 28 na nosa cidade para pedir un referendo no tocante a reforma do texto constitucional.