Rexeitamento acción militar en Siria

Unha vez máis están a planear dende os EUA e os seus aliado da OTAN, unha intervención militar baixo a bandeira da “protección da poboación civíl siria”, quen padecerá as consecuencias desta acción militar que, sen o acordo do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, só podemos cualificar de criminal.

Baseándonos en que as relacións internacionais neste tipo de conflitos deberían tratarse dende o desarme, a responsabilidade penal da suposta utilización de armamento químico sobre a poboación Siria, debería, en todo caso, recaer sobre os propios autores de dita utilización, liberando así ás persoas inocentes que habitan o territorio.

Dende Esquerda Unida apelamos á memoria, como exemplo para non repetir os erros cometidos baixo os “ditados da paz”. Iugoslavia, Iraq, Afganistán, son algúns dos espazos que acollen milleiros de vítimas inocentes consecuencia das incomprensibles políticas belicistas en defensa da paz cuxo obxectivo é unicamente, no caso sirio, establecer o control sobre o territorio e os seus recursos.

Por todo isto, esiximos ao goberno español que se opoña a esta intervención militar e traballe en prol de acadar un plan de paz que respete a soberanía do pobo sirio.

¡NON Á GUERRA!

Relacionados