Rexeitamento das touradas

 

 

A nosa organización considera inaceptábel que se poida considerar a tortura e morte de animais como forma de diversión, aínda que respondan a unha tradición enraizada dende fai séculos. Por iso, Esquerda Unida rexeita as touradas e solicita ao Goberno coruñés, que avance nos dereitos dos animais, para evitarlles sufrimento inútil, en cumprimento dos principios básicos da dita lei de protección dos animais.

 

O Consello Comarcal de EU Coruña rexeita a intención do Concello coruñés de prorrogar a concesión taurina o que suporá un investimento aproximado de 168.000 €. O devandito investimento mostra, ben as claras, a nula intención do Goberno local de escoitar a cidadanía, quen maioritariamente rexeita as touradas como o amosa o feito de que no ano 2010 acudiron menos de 12.000 espectadores a presenciar ditos eventos.

 

Por iso, Esquerda Unida considera indignante que o Concello da Coruña pretenda dedicar o 3,5% do orzamento para espectáculos nas touradas, cando no 2010 supuxerón unha asistencia inferior ao 0,5% do total das festas de María Pita.

 

EU esixe ao Goberno municipal que non prorrogue a concesión taurina e, xa que logo, no financie espectáculos crueis cos animais que apenas contan con apoio da cidadanía. Máis aínda cando a dita prórroga, ao ser bianual, comprometería os orzamentos cara ao novo Goberno local que resulte das elecciónd municipais de maio de 2011 Porque suporía invista nun evento que abandone o seu empeño

 

O Coordinador Comarcal, César Santiso, ven de anunciar que EU presentará en breve  unha moción de rexeitamento das touradas e para que A Coruña sexa cidade amiga dos animais, pois como declarou César Santiso “si xa resulta indignante destinar investimento público para eventos minoritarios nos que se maltrata animais, facelo en tempos de crise semella inmoral. Agora é o momento do investimento social e o dedicado a fomentar a creación de emprego mediante a reactivación económica local, con todo o Concello inviste máis en subvencionar as touradas que ás ONG, pois todas, excepto tres, teñen menor orzamento”.  

Relacionados