Unha desta medidas é a de ter un Código Penal garantista dos dereitos das persoas, mais por mor da reforma deste Código Penal, auspiciada polo ministro Gallardón, as persoas diagnosticadas dalgunha enfermidade mental padecen o ataque contra a súa liberdade persoal e a súa dignidade.
É ofensivo e reprobable que nesa reforma lexislativa se recupere unha visión estigmatízante das persoas diagnosticadas de enfermidades mentais, en canto á consideración das persoas ininputables por razóns de saúde mental coma “perigosas”. Consideración sostida unicamente por prexuízos sen ningún apoio nos feitos, que sinalan que as persoas diagnosticadas de enfermidade mental son máis vítimas de violencia, abusos e discriminación que perpetradoras das mesmas.
É tamén inadmisible o trato discriminatorio previsto na reforma do Código Penal ás persoas declaradas ininputables por razóns de saúde mental. Permitindo esta reforma, xulgar á persoa e non o delito cometido, e establecendo “Medidas de Seguridade” que poderían exceder ás penas aplicables ao delito cometido, hasta o punto en que permitirían o encerro a perpetuidade nun centro psiquiátrico en previsión de delitos que non se cometeron.
Para o grupo de políticas sociais de EU Compostela tamén é inadmisible que se poidan impoñer ás persoas diagnosticadas de enfermidade mental, medidas de liberdade vixiada tamén de xeito indefinido que poderían chegar a ser perpetuas se así o o xuíz ou xuíza o ditamina. É especialmente revelador da pouca sensibilidade do lexislador e da natureza puramente represora da reforma proposta, o feito de que en ningún momento se faga, neste texto, ningunha referencia a unha eventual finalidade terapéutica ou rehabilitadora das medidas impostas máis alá da propia “seguridade”.
Dende o grupo de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela entendemos unha abordaxe adecuada dos problemas que poidan estar sufrindo as persoas diagnosticadas de enfermidade mental grave, debe ser unha abordaxe centrada na atención sociosanitaria desenvolvendo recursos apropiados e non unha abordaxe puramente represora.
Consideramos que o texto recollido no Proxecto de Reforma de Código Penal é prexuizoso e estigmatízante para as persoas diagnosticadas de enfermidades mental, e que as medidas expostas liquidan os dereitos fundamentais das persoas diagnosticadas de enfermidade mental, atentan contra a Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade, e ignoran as recomendacións da Organización Mundial da Saúde.
Por todo isto o grupo de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Instar ao Goberno do Estado a respectar os dereitos das persoas diagnosticadas de enfermidade mental, mantendo o actual articulado do Código Penal nesta materia e rexeitando a modificación do mesmo.
Segundo. Instar ao Goberno do Estado ao desenvolvemento de recursos psicosociais alternativos