Rexeneración democrática

quen engadiu que as operacións xudiciais en marcha “máis alá das contratacións irregulares nos Concellos, sacan a flote o máis que presunto financiamento ilegal dos partidos políticos do Réxime”.

Con respecto ás propostas feitas públicas polo Secretario Xeral do PsdeG, Gómez Besteiro, Portomeñe sinalou que “se realmente pretende loitar contra a corrupción, que empece por esixir a dimisión dos cargos imputados no seu partido,”. Neste sentido, Portomeñe recordou que Besteiro é concelleiro do Concello de Lugo, “a Corporación onde nace a Operación Pokémon e que está presidida por un imputado nesta causa xudicial”. “Se Besteiro considera que é necesario apartar os cargos electos das contratacións públicas, que predique co exemplo e impida que os membros imputados do seu partido sigan exercendo o seu cargo para evitar así o seu acceso ás mesas de contratación”, engadiu Portomeñe.

Para EU, o bipartidismo, coas súas propostas pouco cribles, está a tratar de remendar e poñer parches a unha situación que o compromete gravemente debido ás diferentes actuacións xudiciais dos últimos meses. “As propostas de PP e PSOE son unha cortina de fume para conseguir unha lei de punto final sobre a corrupción”.

Con anterioridade, o bipartidismo freou calquera intento de avanzar na loita contra a corrupción, incluíndo as numerosas medidas que EU propuxo unha e outra vez para combater esta eiva. E unha das medidas máis efectivas na loita contra a corrupción é a eliminación das deputacións como a que o propio Besteiro preside. As deputacións son o maior foco de clientelismo e caciquismo no noso país. Sobre a intención de Baltar de impulsar un código ético na Deputación de Ourense, Portomeñe afirmou que “os dirixentes do PP na Deputación de Ourense descoñecen o que é a ética, e o único código que necesitan agora é o Código Penal”.

Para EU, a corrupción é un problema estrutural que afecta a moitos eidos da vida económica, política e social, e polo tanto require unha solución estrutural que pasa, en primeiro lugar, por un cambio radical nas políticas. “Existe unha relación directa entre as políticas neoliberais, a corrupción e a actual crise económica, porque  as privatizacións de servizos públicos e a especulación urbanística foron políticas xeralizadas nos concellos galegos e, como se ve nos diferentes procedementos xudiciais, respondían a intereses particulares de certos empresarios e políticos do Réxime, máximos responsables da actual cris económica”.

As medidas máis urxentes pasan por evitar a tentación do bipartidismo de chegar a amaños para dotarse dunha lei de punto e final, dunha amnistía para vos numerosos cargos públicos de partidos do réxime envoltos en procesos xudiciais. Pero tamén pola realización de auditorías e a remunicipalización dos servizos públicos concesionados coa corrupción; dotar de máis medios o sistema xudicial para desempeñar ou seu labor; aumentar as penas por corrupción; a prevención e loita contra o fraude fiscal e a loita contra os paraísos fiscais que proporcionan aos corruptos a opacidade e o anonimato necesario para ocultar o diñeiro dous seus roubos, branquear os cartos e evadir impostos.

Xa que logo, EU chama a toda a cidadanía a incorporarse á rebelión democrática, a mobilizarse, a participar activamente na Rexeneración Democrática coa súa acción e as súas propostas.

Relacionados