Ría do Burgo

Se ben o noso grupo asume a máxima de “QUEN CONTAMINA PAGA”, tamén denunciamos o feito de que “quen consinte a contaminación debera pagar tamén dalgún xeito”. Resulta totalmente incomprensible que o Sr. Boulland defenda as actuacións feitas pola administración, cando se coñecía que á ría esta a recibir verquidos de mercurio, cadmio ou de chumbo, que impedirían unha produción saudable de moluscos comestíbeis cunhas mínimas garantías de salubridade. O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia a ineptitude da xestión da contaminación da ría do Burgo e o total abandono de quen máis a coñece e pode aportar a mellorar a súa situación: marisqueiros e pescadores, que seguen a padecer a pésima xestión deste delito ambiental.

Pode que a contaminación desta ría non tivera a repercusión mediática doutras catástrofes que desgraciadamente rápido nos veñen á mente, mais o resultado fronte a este tipo de delitos segue a ser o mesmo: a responsabilidade queda impune. Esquerda Unida anima á acción: tanto tempo perdido para emitir un informe que aporta unhas conclusións que xa todas coñeciamos: unha ría desfeita que esixe o seu completo dragado e posteriormente un tratamento para inertizar as preto de 500.000 toneladas de area que haberá que tratar.

O voceiro de EU-V, César Santiso incide na importancia do tratamento, dado que “a perigosidade dos sedimentos obriga a que sexan tratados coma residuos industriais. Este tratamento, que xa advirto, terá un custo moi elevado, deberíao de facer a Sociedade Galega de Residuos Industriais SOGARISA e só despois, unha vez desintoxicados e inertizados ese residuos, pasar a ser depositadas en fondos mariños axeitados, o que choca inicialmente coas pretensión do PP, quen para aforrar custos pretender dragar un pouco e esconder a area, como se así fose a desaparecer a alta contaminación que posúe”. 

 

 

 

 

 

 

 

Relacionados