Ridículo orzamento para o emprego

Esquerda Unida considera que os orzamentos do goberno municipal condenan á cidade á ruína, o paro e a depresión. Apesares de que o PP segue a anunciar a bombo e prato uns orzamentos para loitar contra o paro, o certo é que son uns orzamentos afastados da realidade, que lonxe de axudar aos coruñeses e coruñesas, afundirannos aínda máis na crise, provocando maior exclusión social e sufrimento, pois o executivo de Negreira está a lastrar a cidade promovendo un modelo produtivo caduco baseado no turismo, os festexos e o ladrillo e formigón.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que o goberno local destina máis cartos a turismo que a reactivación económica e políticas  activas de emprego xuntas. Esta é a triste realidade provocada por un goberno miope e carente de ideas para promover unha nova economía dedica a meirande parte do ridiculo orzamento para a concellería máis importante (8,6 millons) a turismo que experimenta un incremento dun 30% até chegar aos 4,54 millóns de euros. Unha cifra que choca frontalmente cos 867.535 € para políticas activas de emprego ou os 140.000 € de axuda ao emprendimento, ou os 0 euros para promover o cambio do modelo produtivo.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “hai que ter cara dura para dicir que tres de cada catro euros do orzamento se destinan a xerar emprego, cando a única preocupación do goberno local é contratar a dedo as súas empresas amigas”.

Relacionados