mugardos.gif - 5.87 Kb

Rilo.seaña

 

Este cambio de trazado  o único que fai e incrementar o problema para os veciños, xa que terán que soportar máis auga polo camiño.

Agora teremos que buscar unha solución para ese tramo. Solución que pasa ó noso entender por negociar unha cesión de terreo que nos permita repoñer a cuneta para que as augas transcorran pola mesma.

Falando de cunetas, non queremos deixar de mencionar o noso compromiso para a limpeza e apertura de cunetas de forma inmediata. Estamos cansos de propor esta actuación durante o último ano, con resultado negativo. O Goberno Municipal non  quere ou non lle interesa.

A calzada foi outra das nosas preocupacións durante os últimos meses, debemos dicir que con resultado negativo. Non fomos capaces de que o Goberno Municipal reparase o camiño a pesares de ser de competencia municipal.

Informar de que o noso grupo plantexou varias veces a colocación dunha sinal de prohibida a circulación a vehículos de máis de 5 toneladas, xa que os baches xa se convertiron en socavóns e os bordes da calzada están destrozados  polo transporte de madeira. Neste caso tampouco tivemos éxito na nosa proposta.

Habilitar un punto limpo parece ser unha boa solución para as/os veciñas/os. Esta é a nosa proposta para o que é necesario acondicionar a superficie sacando a terra sobrante o que permitiría probablemente facer unha zona de descanso.

Por último, o concello aprobou a iniciativa dos grupos municipais que non gobernamos, a realización  dunha inspección e control de ruído no Pazo de Rilo. A día de hoxe o Goberno Municipal aínda non mostrou o resultado do estudo si é que se realizou.

Relacionados