Risco nos depósitos de auga

Esquerda Unida denuncia a falta de medidas de seguridade nos depósitos de auga que sutren á cidade situados en Penamoa, situación que posibilita que calquera vándalo poda provocar un serio problema no abastecemento. Tal é así que a caseta de maquinaria anexa aos depósitos está a ser utilizada como galería de tiro por delicuentes armados.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que a calidade do suministro de auga para a cidade é irrenunciábel, xa que logo, preguntará no vindeiro pleno si o goberno municipal ten previsto manter en condicións de salubridade e seguridade o entorno dos depósitos de auga, pois ao noso entender as condicións que presenta o entorno dos depósitos non e o máis adecuado para asegurar a necesaria calidade da auga. A existencia de escombros, maleza e suciedade que poden actuar como nidos de roedores e outras alimañas terminará antes o despois en problemas de contaminación do suministro de auga.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “na liquidación dos últimos orzamentos a empresa municipal encargada do suministro de auga presentaba beneficios millonarios, con todo o PP ao igual que anteriores gobernos municipais non actua, poñendo en risco a saude da veciñanza, non entendemos como se poden obter beneficios millonarios a costa da seguridade e da calidade do abastecemento de auga.

Finalmente César Santiso instou ao Goberno Municipal a tomar as medidas necesarias para manter limpo o entorno dos depósitos de auga de Penamoa e a establecer un perímetro de seguridade que impida a entrada libre a un dos puntos de suministro de auga máis importantes da nosa cidade.

 

Relacionados