cambre.gif - 5.81 Kb

Rogos

 

O servizo de recollida selectiva debe ser o mais universal posible dende o punto de vista, que todos os veciñ@s teñan dereito a que se lles ofrezca gratuitamente a posibilidade de ser selectivos na entrega dos residuos.

O noso Grupo Municipal manifestase decidido partidario dun compromiso firme por parte do concello para intervir en este problema. As razóns nas que fundamentamos esta iniciativa, son de tipo Ecolóxico, Económico e Laboral…etc.

Por esto PREGAMOS o Goberno:

-Inicie de inmediato un estudio para promover a posta en marcha dun sistema de recollida de aceites usados no ámbito doméstico, e na propia hostelería,  tentando que esta actividade poida xenerar emprego mediante a creación de algún posto de traballo  no concello, fomentando así os “traballos de proximidade”

2.- Eliminar barreiras arquitectónicas e contribuir o acceso universal os edificios públicos, tamén é unha competencia que debe asumir o concello.

-Por esto PREGAMOS  se proceda a acondicionar a entrada o Centro Sociocultural de O Graxal, mediante unha rampa que permita,  as persoas con certas discapacidades o acceso nas mellares condicións.

3.- Con data de 22 de xullo do pasado ano, o noso Grupo presentou un escrito no Rexistro Municipal sobre as denuncias de varios veciñ@s do Temple en relación o abandono de vehiculos en varias rúas.

-¿Poden informarnos das xestións realizadas para correxir a situación, e sí teñen contabilizados os vehiculos abandonados nas rúas do concello?

Relacionados