Denegación acceso a datos impagos

 

A nova de que no BOP do día 20 o Concello publicase case 7000 notificacións de providencia de prema, xunto con outros requerimentos e dilixencias de embargo, pon en valor o traballo desenvolvido por Esquerda Unida na denuncia dos impagos e na soluicitude de actuación urxente e inmediata diante dos 6000 €/diarios que os coruñeses e coruñesas perdimos no 2010 debido a innación sobre os impagos que supuseron a cancelación de dous millóns de eruos.

 

O grupo municipal de EU-V congratúlase de que as súas demandas sexan atendidas polo goberno municipal, activando os recursos necesarios para reducir os 70,5 millóns de dereitos pendentes de cobro, ainda que consideramos insuficientes as actuacións que se están a acometer, asemade temos serias dúbidas de que esta acción se aplique igualitariamente sobre todos debedores pois logo de estudar a listaxe de providencias de prema do BOP, non atopamos as providencias de prema de os debedores de canóns de instalacións municipais como o matadoiro ou o hospital Labaca que deben a veciñanza máis de 2,3 millóns de euros.

 

Esquerda Unida considera que o Goberno local impide a cidadanía coruñesa coñecer quen se está a quedar cos seus cartos, ao denegar ao noso grupo municipal a solicitude formal presentada en rexistro para acceder aos datos básicos dos dereitos pendentes de cobro correspondentes as cotas de urbanización, canóns de concesións administrativas, ventas de enerxía e enaxenacións de vivendas e locais municipais.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso,  indicou que  “solicitamos os dabtos básicos  de impagos e denegáronolo sabedores do noso compromiso de transmitir a cidadanía, axustándonos a Lei de Protección de Datos, as conclusión do seu estudo”.

 

Finalmente César Santiso preguntouse “cales son as razóns as que atende o Goberno municipal para non dar acceso a devandita información a un membro da Coorporación?”.

Relacionados