Comezou o responsábel de organización, Jorge Gil, quen contextualizou historicamente a situación cando en 1997 Fenosa decidiu trasladar a súa sede a Madrid e vender o edificio a Fadesa. Jorge Gil achacou o problema a unha irregularidade urbanística encadrada na “cultura do pelotazo, da especulación e do ladrillo”.
De seguido tomou a palabra Mariluz Canal, avogada independente que ocupou a carta posición na candididatura, afirmou que “estamos nun estado social democrático de dereito e as sentenzas están para cumprirse”, non se trata de discutir o fondo do asunto senón que estamos diante da execución dunha sentencia xudicial, outra cousa será tratar de buscar solucions políticas, dentro da legalidade, para que sexa da maneira menos gravosa para a cidadanía.
O concelleiro electo de EU-V, César Santiso indicou que “posiblemente estamos diante da situación máis dramática e grave do concello nas últimas décadas, pois o cumprimento da sentencia, entre derribo e indemnizacións, suporía un custo por riba dos 60 millóns de euros” que terá que afrontar a veciñanza, pois se disporá de moitos menos recursos municipais o que suporá recortes nos servizos sociais e a perdida de capacidade para a reactivación económica da cidade e, xa que logo, a posibilidade de creación de emprego.”
César Santiso indicou que se chega a esta situación logo dunha grave eiva urbanística debido a concesión irregular dunha licencia. Por iso Esquerda Unida solicita a creación unha comisión de investigación para depurar responsabilidades políticas e, se procede, penais porque a cidadanía coruñesa ten dereito a saber onde, como e quen cometeu a eiva porque “os culpábeis desta situación non poden saír de rositas”. Asemade Santiso considera fundamental que a comisión sexa transparente e que todas as conclusións sexan públicas.
O concelleiro electo tendeu a man ao resto de forzas políticas “dende Esquerda Unida estamos dispostos a traballar xunto co resto de grupos municipais para acadar a solución menos lexiva para a maioría social coruñesa. Por iso solicitamos a PP e PSOE que convoquen a todas as forzas con representación en María Pita para coñecer de primeira man os informes xurídicos que está a manexar o concello”.
César Santiso indicou tamén que Esquerda Unida está a traballar nunha vía que evitaría o derrubo do edificio pero que non se fará pública até que os servicios xurídicos de EU a rematen de estudar e a consideren factíbel. “non queremos lanzar globos sonda, como fan outros, quitándolle importancia ao problema e asegurando que o edificio non se derrubará cando hai unha sentencia xudicial que así o esixe”.
Finalmente a preguntas dos xornalistas sobre a proposta do BNG de facer recaer as responsabilidades económicas a Fadesa, a empresa promotora, Santiso respondeu que a responsabilidade é mutua, de Fadesa e do concello, pois este último concedeu a licencia, ademais considerou un brindes ao sol a devandita proposta, toda vez que Fadesa, como tal, non existe e a empresa que a asumiu atópase en concurso de acredores.
O que din os medios: La Voz de Galicia, La Opinión, El Ideal Gallego, Xornal, ABC, La Voz de Galicia, La Opinión, El Ideal Gallego