Membros da executiva nacional de Esquerda Unida, deputados e deputadas de Esquerda Unida na coalición Alternativa Galega de Esquerda xunto coa coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, ao fronte; realizan unha rolda de prensa fronte dun dos edificios patrimonio das antigas caixas e que corre risco de ser liquidado neste proceso de venta á banca privada que ESQUERDA UNIDA está denunciando.
Do mesmo xeito, pola tarde ás 19:30 nas cidades e vilas de Galicia; membros de ESQUERDA UNIDA realizarán actos informativos e repartos de dípticos de denuncia fronte a edificios das antigas caixas hoxe en risco de ser liquidados á banca e empresas privadas dentro do proceso de desmantelamento e venda de NOVAGALICIA BANCO.






