Iniciou a rolda de prensa Jorge Gil quen subliñou que o PP aínda non asumiu o seu roll de Goberno e segue a desenvolver políticas propias de oposición.
De seguido tomou a palabra César Santiso que expresou que con esta actitude o Goberno municipal demostra ben as claras o tipo política que está a desenvolver o PP, unha política de terra queimada integrada nunha estratexia estatal baseada no acoso e derribo ao PSOE, aínda a costas do desprestixio das institucións.
Santiso indicou “o goberno do PP non dubidou en facer unha lectura parcial e incompleta dos datos económicos e mesturar distintas magnitudes contábeis así xogou cos datos até obter a información que lle resultaba máis beneficiosa para as súas intencións, e dicir desenvolver unha cortina de fume e artellar unha desculpa diante de posíbeis incumprimentos electorais”.
Esquerda Unida rexeita este tipo de actuacións, para nos o exercicio dun cargo público require un compromiso de ética e credibilidade por iso non facemos unha valoración da presunta débeda do concello até analizar os datos contables con método rigoroso e científico que permita ter conciencia da situación real das finanzas municipais, xa que logo, solicitamos ao concello unha batería de documentos contábeis suxeridos pola área de economía e traballo comarcal na que participan expertos en contabilidade pública.
O voceiro de EU-V fixo fincapé na incoherencia do Goberno municipal “un día din que estamos en situación de cuasi bancarrota e nos seguintes anuncia obras millonarias como o soterramento do tráfico ou a reconstrución do paseo marítimo”.
Por último Santiso, con sorna, aconsellou aos afíns de Carlos Negreira que lle chamen alcalde en lugar do seu nome, para recordarlle que xa non está na oposición senón no Goberno, “Esquerda Unida na oposición amosa máis lealdade institucional que o propio PP no Goberno”, sentenciou o coordinador comarcal de EU.