Rolda de Prensa Touradas

 

Iniciou a rolda de prensa Jorge Gil saudando aos presentes mentres anunciaba o tema que se ia e expoñer e presentaba aos participantes.

 

De seguido tomou a palabra Rubén Pérez para indicar que durante os últimos meses estiveron a estudar os expedientes do IMCE relativos da feira taurina e descubriron que os datos de asistencia ofrecidos polo concello da Coruña distan moito de coincidir cos oficiais. Así, mentres o concello anunciaba unha asistencia de 17.400 persoas os datos reais indican unha asistencia de 4.505. Asemade, indicou que o número de abonos de regalo e as invitacións medraron significativamente.

 

Pérez indicou tamén que Galiza Mellor Sen Touradas encargou en xaneiro de 2010 unha enquisa a unha contrastada empresa de sondaxe chamada Obradoiro de socioloxía, de cuxos datos despréndese que o 73% dos coruñeses rexeitan a subvención da feira taurina con cartos públicos, o 89,6% entre a mocidade.

 

Finalmente tomou a palabra César Santiso quen salientou a colaboración desenvolvida dende vai tempo entre ambas as dúas organizacións de cara a concienciar a cidadanía da situación coa feira taurina “10 anos vivindo da cidadanía”, así indicou que dende o período que transcorre dende o 2000 ata o 2010 o concello subvencionou as touradas con cerca de 1.200.000 €, sendo precisamente na época do bipartito cando a subvención alcanzou os maiores importes.

 

Santiso salientou que aínda que están en contra de esta actividade, non se trata de prohibila, senón que O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexeita que o concello subvencione con cartos públicos, de todos e todas, un evento rexeitado pola meirande parte dos coruñeses e coruñesas, que ademais supón un acto de crueldade cos animais. ”Nestes tempos de crise semella inmoral .  

 

Asemade, o voceiro de EU-V indicou “o PP ten unha oportunidade de mostrar si está do lado da maioría social ou polo contrario está cos poderes fácticos, tal e como o fixo o PSOE durante máis dunha década. Porén o Goberno municipal está dar a callada por resposta e a agachar a cabeza, xa que logo, preguntará no pleno ao Goberno municipal cal é a súa postura en relación co financiamento público das touradas.

Relacionados