Comisión que contou cos votos en contra de BNG e Esquerda Uinda – Os Verdes e a abstención do PSOE.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta profundamente que o Goberno municipal desestimase unhas alegacións que favorecían a reactivación económica, o cambio de modelo produtivo e, xa que logo, a creación de emprego. Achegas que ademais non prexudicarían a economía municipal pois estaban acompañadas doutras propostas para incrementar os impostos e taxas de grandes empresas que obteñen beneficios, como a Refinería, os Bancos ou as compañías de telefonía móbil, porque é de xustiza que en tempos de crise os que máis gañan axuden a saída da crise.
O Concello, aínda que escasa, ten capacidade para legal para utilizar as ordenanzas fiscais como ferramenta para avanzares na xustiza social e no fomento da creación de emprego e a utilización de enerxías renovábeis que permitan que os coruñeses e coruñesas teñamos menos dependenza enerxética, principalmente do petróleo fonte que enerxética que cada día é máis escasa.
Esquerda Unida presenta un voto particular ao ditame da comisión de Facenda e Administracións públicas sobre ás Ordenanzas Fiscais. Coa intención non so de fomentar a actividade económica, senón de avanzares na progresividade fiscal e facilitar o acceso a unha vivenda digna, en definitiva mellorar a calidade de vida dos coruñeses e coruñesas, dentro do escaso marxe que permiten as Ordenanzas Fiscais municipais.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “non nos resignamos, loitaremos por acadar un acordo que permita a incorporación dalgunha das nosas achegas. Non renunciamos ao dialogo e instamos ao goberno local a negociar, incluso no día do Nadal si é necesario, porque é moito o que nos xogamos”.
Así, César Santiso reivindicou ou espírito construtivo e dialogante do grupo municipal de EU-V que representa a esquerda real no Concello da Coruña.