En primeiro lugar o voceiro de EU-V referiuse ao día internacional contra a violencia de xénero que se celebra hoxe, 25 de novembro. “O ano 2011 está finalizando co aumento das desigualdades sociais. A crise económica, provocada polo sistema capitalista, está xerando unha clase social cada vez máis empobrecida e sometida aos vaivéns dos mercados financeiros. Estas diferenzas económicas e desigualdades acentúanse moitísimo máis nas mulleres, xa que son estas as que están sufrindo con maior virulencia os ataques contra as conquistas aparentemente consolidadas”.
Esquerda unida fai fincapé este 25N noutro tipo de violencia contra as mulleres, a económica “porque a pobreza ten rostro de muller, moza e inmigrante”. Por iso esiximos políticas activas a favor do desenvolvemento de modelos de relacións igualitarias, en lugar de meras fotos e discursos baleiros, porque a acción amosase con feitos e o Goberno municipal, so pretexto do aforro, eliminou a concellería de igualdade, diminuíndo o investimento en políticas específicas. Si ben é certo que as políticas de igualdade deben aplicarse transversalmente, tamén o é a necesidade de un un órgano que faga as labores de coordinación, por iso dende a constitución do novo organigrama da corporación municipal e constatar do seu déficit, levamos demandando, sen atención por parte do Goberno do PP, a creación da Consellería de igualdade para fomentar plans educativos, plans de igualdade nas empresas e campañas permanentes de concienciación, son instrumentos imprescindíbeis para loitar contra a violencia de xénero.
Por outra banda, César Santiso anuncio que o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrou unha moción en defensa do dereito á cobertura sanitaria para toda a cidadanía, na procura de que se blinde mediante unha reforma constitucional. Porque o bloqueo da tarxeta sanitaria ás persoas desempregadas constitúe un ataque social sen precedentes na historia da democracia.
Esquerda Unida considera inaceptábel e inmoral que a Xunta do PP excluía as persoas desempregadas do sistema público de saúde, que se debería caracterizar polo seus carácter universal. Con unha artimaña propia de estafadores, o Goberno Feijoo bloquea sen previo aviso a tarxeta sanitaria das persoas sen recursos e desempregados de longa duración, así cando acoden aos servizos sanitarios non reciben atención médica ata que reciban a Tarxeta Sanitaria para persoas sen Recursos (TSR), tarxeta que para a súa obtención teñen que facer trámites que se prolongan por espazo de máis de medio ano. Durante este tempo a administración galega, aforra a atención médica das persoas máis necesitadas abandonando a unhas 65.000 familias galegas a súa sorte.
Por outra banda, segundo datos do Defensor do Pobo e do estudo que o Ministerio de Sanidade realizo a instancias do grupo parlamentario de Esquerda Unida no Congreso dos Deputados, entre 90.000 e 180.000 persoas carecen actualmente en España de cobertura sanitaria. Xa que logo, EU-V presenta as seguintes propostas de acordos:
Primeiro.- O Pleno do Concello da Coruña manifesta a necesidade de reformar a Constitución Española para que de maneira explícita garante a cobertura sanitaria e farmacéutica como un dereito para toda a cidadanía.
Segundo.- O Pleno do Concello da Coruña, mentres non se produza a citada reforma constitucional, insta ao Goberno central e a Administración autonómica a que modifiquen as normas legais necesarias para asegurar que ningún cidadán neste pais quede en ningún momento sen cobertura sanitaria e farmacéutica.
Terceiro.- O Pleno do Concello da Coruña, insta ao Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijoo a modificar con urxencia o procedemento de funcionamento vixente, para evitar ningún cidadán quede sen cobertura sanitaria e farmacéutica baixo ningunha circunstancia.
Santiso referiuse tamén ao novo sistema de pseudo carril bus, indicando que “aínda que nos parece complicado que o transporte público colectivo cumpra as frecuencias actuais, non entramos a valoralo pois carecemos de información, o Goberno municipal aínda non nos amosou nada nunha nova mostra de falta de lealdade institucional” .
O Voceiro de EU-V, contestou ao conselleiro de educación, afirmando que “a realidade é teimuda, por moito que o Goberno municipal garante o funcionamento do programa madrugadores, os números dos orzamentos aprobados polo PP coa complicidade do PSOE cantan. O recorte do concepto presupostario 22733 “Contrato de Xestión do Programa Madrugadores” é do 57%, de os 28.000 euros do 2011 ata os 20.500 euros do 2012.
Por último, César Santiso fixo mención a admisión a trámite do recurso que presentou a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica para manter a retirada da distinción de Fillo Predilecto da Coruña a Millán Astray. Que “ven a demostrar que a decisión do Goberno do PP de non recorrer o auto, foi unha decisión política, non xurídica. Así pois constátase o interese dos conservadores de manter como fillo predilecto da Coruña a un golpista que defendía o réxime fascista”.







