Esquerda Unida solicita ao alcalde que convoque á Xunta de Seguridade para resolver a situación de inseguridade nos Rosales, porque os poderes públicos non poden permanecer de brazos cruzados diante de actuación delitivas que están causando alarma social e castigando a un barrio onde a meirande parte dos seus moradores son familias traballadoras que non so teñen que sufrir os recortes dos gobernos do PP, senón que tamén teñen que soportar a súa inacción.
Precisamente o goberno municipal estivo durante ano e medio presumindo de reactivar a xunta de seguridade para coordinar á policía nacional, policía local e servizos de emerxencias, máis cando se necesita a súa actuación non se convoca.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera necesaria maior vixilancia nos barrios de familias traballadoras mozas porque a meirande parte dos veciños traballan, permanecendo as vivendas máis tempo baleiras, o que favorece a actuación impune dos ladróns que ademais vense favorecidos porque ao ser familias mozas, teñen que levar aos rapaces ao colexio e recollelo, todo iso en horarios fixos.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o goberno municipal ten que velar pola seguridade dos coruñeses, non vale escudarse en base a que é competencia da policía municipal, para iso está a xunta de seguridade e a policía de barrio si é que existe”, porque por moito que a anunciou publicamente o goberno municipal, a policía de barrio nin está nin se lle espera. Sendo este barrio uns dos máis necesitados dela porque se atopa practicamente incomunicado debido as enormes eivas de mobilidade e a súa paupérrima conexión por estrada, o que provoca elevados tempos de resposta por parte da policía.