A carreira contra o reloxo democrático emprendida polo PP estálle a pasar factura, como vén de evidenciar as reviravoltas que experimenta a orde do día plenaria. Yolanda Díaz denuncia a presa e improvisación que percorre o chamado orzamentos dos recortes, o primeiro presuposto do PP que segue obediente a senda dos recortes e da destrución de postos de traballo públicos.
Hoxe caeuse – no transcurso da comisión extraordinaria de economía- desa orde do día plenaria o punto da modificación da RPT, logo das advertencias que entre outros lanzoulle Esquerda Unida nas comisións informativas do mércores e da celebrada como extraordinaria no día de hoxe. Esquerda Unida pronunciouse en contra en relación coa proposta de RPT, que entre outras contemplaba o recurso xeralizado a designar a dedo as prazas dos funcionarios habilitados de carácter estatal, forzando a letra da lei que contempla como recurso excepcional e motivado esta modalidade.
Logo de darlle moitas voltas, o Goberno do PP da marcha atrás e acepta modificar a RPT nese aspecto para evitar cometer unha ilegalidade manifesta, e diante da indicación feita polo noso Grupo acerca da imposibilidade legal de modificar este punto da orde do día plenaria a menos de 48 horas hábiles para a celebración do Pleno, dado que o Regulamento Orgánico do concello prescribe no artigo 79 que a documentación para o Pleno estará dispoñible dende o día mesmo da convocatoria do Pleno, que se convocou este pasado mércores.
Esquerda Unida denuncia con todo a incoherencia de manter o debate dos orzamentos cando se cae a proposta de RPT, que afecta o capítulo primeiro dos orzamentos. Logo destes erros na proposta gubernamental, para o noso Grupo Municipal semella evidente que a fórmula axeitada tería sido a de dármonos o tempo suficiente, unha semana dende a presentación na Comisión, para chegar en tempo e forma ao debate plenario. Semella que o PP ten un mandato apresurado para comezar canto antes a recortar e privatizar.