“RTVE debe ser unha empresa pública exemplar en transparencia e pluralidade”, Vanessa Angustia

“RTVE debe ser unha empresa pública exemplar en transparencia e pluralidade”, expón a senadora de En Marea, Vanessa Angustia, que lembra, no Senado, na comparecencia de Rosa María Mateo, administradora provisional da corporación, que a rexeneración democrática, a transparencia e a recuperación de espazos de traballo colectivo é a base para recuperar unha boa xestión da RTVE.

“Vimos dunha época de dilapidación do patrimonio público, ademais do despilfarro polas externalizacións. Agora as traballadoras/es queren sentarse a falar” para mellorar as condicións de traballo, sinala Angustia. “Non hai escusas: RTVE debe ser un exemplo de acceso á información pública. Deben darse cambios importantes porque non se pode agardar máis”, remata.

Ver a intervención dende:

Relacionados