Rúa Ferrol

 

Demandas sinxelas, elementais e lóxicas que evidencian a grave situación de infradesenvolvemento que vive unha zona esquecida por parte do Concello e que dende Esquerda Unida – Os Verdes tentaremos reverter.

 

Esquerda Unida esixe ao Goberno municipal que dote a Rúa Ferrol de beirarrúas e iluminación, xa que á altura da torre de alta tensión e a súa contorna carece de iluminación polo que se solicita a colocación de dous farois.

 

O grupo municipal de esquerda unida – os verdes preguntará no vindeiro pleno do concello ao goberno local polas deficiencias en canto a infraestruturas e acondicionamento na zona da Rúa Ferrol no Birloque. Nese punto non hai beirarrúas, aparcando alí os coches polo que non poden transitar os peóns con seguridade.

 

Por outra banda, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou: “moita xente pídenos que actuemos no seu barrio e quéixanse de que centramos a nosa actuación no Birloque, rógolles un pouco de paciencia, so temos un concelleiro e moita labor por diante, a nosa forma de traballar e desenvolver todas as iniciativas que emanan de cada Asemblea de Barrio, antes de pasar ao seguinte barrio, o vindeiro mes actuaremos noutra zona necesitada”.

 

Relacionados