Sáhara Occidental

40 anos son demasiados, 40 anos nos que os sucesivos Gobernos quixeron mirar para outro lado, 40 anos de promesas incumpridas, 40 anos de privar a millóns de persoas da súa liberdade, 40 anos lonxe das súas casas e da súa xente, 40 anos de atentados contra os dereitos humáns… Pensamos que xa é momento de parar esta barbarie.

Por iso, Esquerda Unida quere pedir ao Pleno do Concello que recoñeza a lexitimidade do Sáhara Occidental, dando un pequeno (pero moi importante) paso para que os Saharauis recuperen o que lles foi roubado hai 40 anos. Motivos non sobran:
*As violacións dos dereitos humáns son algo recurrentemente denunciado por actores internacionales como Amnistía Internacional ou Human Rights Watch, e que incluso viviu un militante de EU o ano pasado cando nunha manifestación no Muro saharaui os Marroquís abriron fogo contra a mesma.

*Miles de saharauis levan vivindo 40 anos na hamada, o deserto máis árido do planeta, esperando unha solución mentres loitan por sobrevivir.

*A cooperación internacional (principalmente española) está decaendo por mor dos recortes, agravando aínda máis o inferno ao que os saharauis foron condenados.

*Como potencia administradora España é responsable da represión que exerce marrocos sobre os Saharauis. España ten que ceder ese dereito ao Frente Polisario e garantir que se celebre un referéndum que permita aos saharauis volver ao seu país.

Por todo isto apoiamos esta manifestación en Madrid e ofrecemos o noso apoio indiscutible e sen concesións ao pobo saharaui. Para parar este inferno. Para devolverlles o que é seu.

Relacionados