Salario escandaloso

Esquerda Unida denuncia que o estratosférico soldo da xerente da concesionaria da canceira municipal constitúe 1/3 da concesión, Así embólsase máis de 46.000 € anuais mentres a xestión só supón o sacrificio masivo de cans e gatos, sans na súa maioría, que rematan nun forno crematorio pola inacción e a falta de iniciativas socioeducativas e de promoción da adopción dos seres vivos abandonados.

Semella que esta concesión responde a intereses espurios do goberno do PSOE que durante décadas actuou como si o concello fose o seu “cortijo”, outorgando concesións ruinosas para as arcas municipais aos seus amigotes. A mostra deste dispendio económico é que apesares de que a dirección outorgase salarios inmorais, para a actividade que desenvolve a empresa presentou nos tres últimos anos resultados favorables por importe de 34.000, 14.000 e 14.000 €.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “resulta bochornoso que a persoa que dirixe unha concesionaria que dá un paupérrimo servizo cobre máis que un catedrático ou un deputado do Parlamento Galego, xa temos denunciado en anteriores ocasións que a canceira municipal ten un grave déficit de transparencia, e amosa nulo interese social, que non inviste nin un céntimo no desenvolvemento de campañas efectivas de tenza responsable e adopción de animais abandonados. Como demostra o feito de que mentres noutras vilas como Donosti, Zaragoza ou Vitoria-Gasteiz superase o 70% de adopcións, na Coruña non se chega a metade, flutuando entre o 30-35% uns índices catastróficos.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará por escrito ao goberno municipal si ten pensado facer algunha revisión da concesión da canceira para adaptala ao contexto e as circunstancias actuais, concretamente:

¿Qué opinión lle merece ao Goberno o soldo, incluído na documentación mercantil da empresa concesionaria, que percibe a xerente das instalacións?

¿Pensa o Goberno facer algunha revisión da concesión e adaptala ao contexto e as circunstancias actuais?

Relacionados