San Cristovo das Viñas

 

Esquerda unida denuncia a falta de seguridade viaria na estrada que leva ao centro parroquial de San Cristovo das Viñas.  En primeiro lugar queremos sinalar que a pesar das barras que o Concello instalou nas beirarrúas para impedir que os vehículos se suban a elas, se aparca na propia calzada o que produce dificultades no tráfico na zona.

 

Ademais, a circulación de vehículos pola zona se efectúa a velocidades inadecuadas, e o feito de que os vehículos paran sobre o paso de peóns, o que provoca situacións de perigo para os peóns que se atreven a cruzar a rúa.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará ao goberno municipal si ten pensado establecer as accións necesarias para restaurar a seguridade viaria na zona. Entendemos que todo indica a necesidade de construír badenes en ambos sentidos da circulación que forcen a redución da velocidade e a instalación de algún paso a de peóns elevado.

 

En todo caso, urximos o Goberno municipal a que acometa as accións necesarias para restablecer a seguridade viaria dos peóns na zona e inmediatamente proceda a sinalar dun modo máis visible o paso de peóns, o límite de velocidade e a prohibición de aparcar nas beiras da rúa.

 

Tamén queremos denunciar que algúns dos viarios desta zona carecen de rede de sumidoiros.

Relacionados