A nosa organización quere lembrar que as nosas achegas produciron unha notable milloría do proxecto inicial como así foi recoñeecido polo propio equipo técnico que abordou o estudo das nosas achegas. Esquerda Unida fixo desta maneira un exercicio de responsabilidade e de esixencia para acadar un punto de encontró e recualificar un proxecto que gaña máis de 14.000 metros cuadrados de zona verde, que van constituír o grande parque urbano do centro da cidade. Peza que permite entroncar unha transición amable entre Canido, o Ensanche e o centro histórico e facelo sen agresións de inmobles con grandes alturas.
A veciñanza gaña un espazo relacional de primeira magnitude que se constituirá nun referente para o futuro do lecer e o ocio en Ferrol.
Mais agora cómpre seguir a traballar e consonte a isto, Esquerda Unida demanda do Goberno do Estado que proceda con celeridade para aprobar o proxecto municipal e deste xeito abrir vía libre o comezo das actuación públicas que fagan realidade para a nosa veciñanza a recuperación deste espazo público.
A dotación do grande parque urbano, o traslado do Museo da Sociedade Galega de Historia Natural, sempre adiado, ou o comezo da intervención para crear a residencia universitaria son elementos que esixen do Goberno Municipal que intensifique o seu traballo diante do Ministerio para a aprobación do proxecto.
En liña coa presentación, precisamente no día de hoxe, do programa sobre as necesidades da xustiza na nosa cidade, EU reclama da Xunta un compromiso para investir en Ferrol, xa na primeira fase do Plan de Infraestruturas, de maneira que se faga realidade a alcumada cidade da xustiza. Co Sánchez Aguilera xa en mans do concello no caben máis dilacións nen discrimiancións coa nosa cidadanía.