2.- Pola ubicación do final do tubo de aliviadeiro da estación de bombeo e depuración nunha finca próxima ás vivendas.
Si a única bomba instalada fallara os/as veciños/as terían que soportan ó lado das súas vivendas os restos fecais en estado puro, tal e como pasou pola permisividade do goberno municipal permitindo enganchar as vivendas á rede xeral antes de que entrara en funcionamento o bombeo e depuración.
En segundo lugar plantexamos, tamén con respecto a este tema a necesidade de que se revisen os pocetes do alcantarillado ante as posibles filtracións das augas pluviais nos mesmos. Esta posibilidade esta basada en que cando chove a bomba non deixa de funcionar o que non se pode imputar ás 15 vivendas enganchadas á rede xeral xa que o compartamento da bomba cando non chove é totalmente o contrario, é dicir non esta permanentemente funcionando.
E por último plantexamos a necesidade existente de limpar as cunetas incluíndo a canalización que cruza a estrada para evitar inundacións, como se están a producir coas choivas.
Recordar que nesta obra se invertiron máis de 90.000€ entrando en funcionamento faí uns meses.
As posibles filtracións nos pocetes, así como outras posibles deficiencias no funcionamento demostra o nulo seguimento que dende o concelleiro de obras se faí das mesmas, tendo que asumir agora o amaño das deficiencias.