O consello comarcal de Esquerda Unida valorou os resultados na comarca coruñesa nunha multitudinaria rolda de prensa que desvordou as previsións da organización, tendo incluso que achegar máis cadeiras para cubrir a demanda dos medios de comunicación .
Iniciou a rolda de prensa o responsábel de organización, Jorge Gil, quen logo de saudar aos presentes explicou a decidida aposta da formación pola participación cidadá, algo que a cidadanía valorou moi positivamente e xunto cunhas propostas factíbeis e pensadas nas persoas permitiu o regreso dunha forza transformadora a María Pita logo de 28 años”.
De seguido tomou a palabra o coordinador comarcal de EU Coruña e concelleiro electo por EU-V quen agradeceu a cobertura dada polos medios de comunicación o que facilitou que a mensaxe de Esquerda Unida chegase a cidadanía. Mensaxe que a veciñanza respaldou nas urnas “os resultados do 22 de maio son un fito histórico, é a primeira vez, nos 25 anos de Esquerda Unida, que haberá representación no Concello coruñés”. Para César Santiso, a pesares do éxito acadado, duplicando o número de apios en relación coas anteriores eleccións municipais, a sensación é agridoce xa que por “un puñado de votos” non se acadou o segundo concelleiro, e iso cunha campaña austera de tan so 3.000 euros.
Santiso lamentouse da maioría acadada polo PP, “pensabamos que seríamos chave de Goberno, o que permitiría desenvolver a meirande parte das nosas propostas programaticas, pero aínda que hai unha maioría absoluta do PP non descartamos o debate, diálogo e negociación, porque hai que fomentar a rexeneración democrática e estamos dispostos a chegar a acordos se estes son beneficiosos para a veciñanza”.
En canto á súa entrada no Concello herculino, adiantou que manterá o seu traballo actual e a súa labor sindical polo que renunciará a dedicación exclusiva, “Sempre dixemos que non queremos ser políticos profesionales, senón traballar polo benestar da maioría social e non para ter un posto de traballo”.
Sobre a labor de Esquerda Unida indicou “os coruñeses poden estar tranquilos, porque prometemos traballar arreo a prol da maioría social, escapando dos réditos partidistas para centrarnos nos veciños, porque queremos ser a correa de transmisión entre veciñanza e Concello a través das asembleas de barrio”, o concelleiro electo indicou tamén que “Hai que fomentar a transparencia ao máximo polo que proporemos que as contratacións de obras e servizos poidan ser accesibeis a través dunha páxina web, porque as contas dos concello son de todos e todas”.
En canto aos resultados na comarca, o coordinador comarcal de EU destacou que “en Cambre tamén quedamos a escasos votos do terceiro concelleiro, a unha ducia tan so”. “Iso dános optimismo para relanzar o consello local de Oleiros, e crear os de Arteixo e Culleredo”, para crear unha Esquerda Unida sólida e consolidada na área metropolitana coruñesa.
Finalmente sobre o proceso de Refundación da esquerda na Galiza que se está a desenvolver dende fai mais de un ano e medio a nivel nacional, manifesta que “traballamos para converxer con outras forzas para crear unha esquerda plural, transformadora e alternativa á política neoliberal do PP e do PSOE”.
O que dín os medios: La Voz de Galicia, La Opinión, El Ideal Gallego, Xornal de Galicia, El Correo Gallego