Saqueo do público

O grupo parlamentar asegura que se trata dunha das “máis ousadas apostas dentro da liña elitista e privatizadora do ensino da Xunta de Galicia, á súa vez denuncian que denuncian que a convocatoria está feita a medida do conglomerado de empresas afíns do PP cuns prazos e esixencias definidos polo procedemento de urxencia e limitando de xeito grave a libre concorrencia

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2013.- O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presentou unha proposición non de lei para o seu debate en pleno para que o Parlamento galego inste á Xunta de Galicia a cancelar a convocatoria de actividades formativas en lingua estranxeira dentro do horario lectivo nos horarios de niveis de ensino obrigatorio e adicar os recursos que se ían destinar á externalización de servizos educativos a mellorar o ensino público. Alternativa Galega de Esquerda esixe tamén o emprego das ofertas públicas de emprego e as listas de contratación pública de docentes para a posta en marcha de programas educativos sobre materias curriculares dentro do horario lectivo.

Para o grupo parlamentar de AGE estamos diante dunha das mais ousadas apostas dentro da liña elitista e privatizadora do ensino do goberno galego, mediante a que se privatiza o ensino publico para realizar unha actividade que chegará a unha parte mínima do alumnado, destinándose para elo 300.000 euros de diñeiro público nun contexto de constante redución dos recursos adicados ao ensino público. Unha convocatoria feita a medida do conglomerado de empresas afíns do Partido Popular cuns prazos e esixencias definidos polo procedemento de urxencia e limitando de xeito grave a libre concorrencia.

A Consellería de Educación realizou unha convocatoria publicada na Resolución do 5 de Xullo de 2013 para seleccionar centros  públicos de ensino interesados en participar en actividades de inmersión lingüística en inglés. En dita convocatoria se describen as actividades mediante as que o alumnado seleccionado participará nunhas estadías formativas dunha semana, contratadas a unha empresa pola propia Consellería de Educación.

O pasado 29 de Agosto a Consellería de Educación publicou a resolución pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto da  organización e desenvolvemento de cursos de inglés para alumnado de sexto curso de Educación Primaria e para alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria matriculados en centros docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Mediante esta convocatoria a Xunta de Galicia externaliza sen reparo actividades lectivas incluídas nos currículos escolares do centros públicos, contratando a empresas privadas para a realización de actividades formativas.

 

Nos pregos de contratación se precisa ademais, que a actividade formativa vai dirixida a 500 alumnas e alumnos seleccionados entre os mais de 200.000 do ensino obrigatorio que realizaran as actividades formativas dentro do horario lectivo mais fora do seu propio centro de ensino. Unha actividade que polo tanto non beneficia ao conxunto do alumnado nin á rede de centros públicos galegos mais si entrega importantes beneficios para determinadas  empresas educativas.

Relacionados