Sectarismo do PP cos barrios

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera unha nova mostra de desprezo á veciñanza que o goberno local non prestase o apoio neceasrio á AVV. Barrio das Flores para desenvolver as festas do barrio. Dende a AVV. Denuncian a “improvisación”, pois presentaron o programa de festas en abril e o Concello non respostou até o xoves pasado, indicando que poerían palco e son tan so duas horas e nin tan siquera inchables para os rapces. A contestación do Concello produciuse con tan pouco marxe de tempo que a AVV. non tivo marxé de manobra para contratar o grupo musical para actuar o domingo.

Esquerda Unida lamenta o compartamento sectario do goberno municipal para co movemento veciñal. Primeiro foi no Castrillón onde o PP non so amosou falta de dialogo coa AVV. Castrillón-Urbanización Soto IAR, senón que incluso contraprogramou festas paralelas con único afán de ningunear a unha AVV. que non consideran afín. Agora tocalle a quenda a AVV. Barrio das Flores.

Esta actittude evidencia o tremendo déficiti en canto a participación cidadá que dende EU-V vimos denununciando dende fai tempo. Déficit sustentado na intención do goberno local de supeditar o movemento veciñal aos intereses partidistas do PP.

Asemade, obsérvase con claridade como o PP basea toda a súa actividade municipal nos barrios do centro, aqueles que teñen maior capacidade económica, obviando ou ninguneando aos barrio periféricos da cidade. Actitude que vai en contra da tradicional vida de barrio coruñesa tan necesaria para o pequeno comercio, ademais de incumprir o anunciado polo propio goberno municipal que indicaba que desenvolvería unhas festas desecentralizadas.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “solidarizamonos coa veciñanza do barrio das flores que ao igual que a do castrillón quedaron sin as tradicionais festas do barrio por mor da desidiua do PP”.

 

Relacionados