O deputado, Antón Sánchez, valora o apoio dos tres grupos no Parlamento e insta a Feijoo a cumprir a súa promesa co sector para garantir que se cubran os custes de produción “ao tempo que demostra o peso que di ter en Madrid”
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda, a través do deputado Antón Sánchez, presentou esta tarde en na comisión 7ª (Agricultura, alimentación, gandería e montes) unha Proposición non de Lei, aprobada por unanimidade, na que se insta ao goberno do Estado a incluír un prezo mínimo do leite no proxecto de Lei da Cadea alimenticia que garanta como mínimo os custes de produción.
O deputado de AGE lembrou que o propio presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo comprometeuse co sector en solicitar a inclusión desta cuestión no proxecto de Lei algo que polo momento non cumpriu. “Agora é o momento de demostrar todo ese peso que di ter en Madrid” declarou Antón Sánchez.
O deputado de AGE salientou que se trata dunha reivindicación histórica do nacionalismo e do sector que suporá que os gandeiros e gandeiras do noso país teñan garantías de que poderán cubrir custos mínimos de produción algo que ata o momento non sucede.