Sector naval estratéxico

 

O coordenador de Esquerda Unida en Vigo, Rubén Pérez, anunciou hoxe que EU de Galicia e de Andalucía solicitarán conxuntamente que se declare oficialmente ao sector naval como sector estratéxico ao reunir as condicións necesarias para ista cualificación. A proposta, xurdida inicialmente de ESQUERDA UNIDA en Andalucía para os asteleiros públicos gaditanos será extensible a todo o sector naval do Estado, tanto públicos como privados. EU pide un tratamento equivalente ao sector da automoción e ao aeronáutico, que teñen convocatorias específicas de axudas que supoñen unha inxección importante do Goberno.

 

Esquerda Unida considera que os estaleiros do estado reúnen os requisitos necesarios para que a actividade declárese como estratéxica, ao “ter un tecido empresarial importante que afecta o resto do tecido industrial, por contribuír de forma significativa ao desenvolvemento económico pola súa elevada participación no PIB e sobre todo, por incidir de maneira notable sobre a evolución do mercado de traballo no que respecta á xeración de emprego”.

 

Esta petición será trasladada por Esquerda Unida ao Congreso dos Deputados co fin de que “desde ese momento, os estaleiros teñan unha consideración específica nos Orzamentos Xerais do Estado”

 

Esquerda Unida sustenta ademais, a súa proposta en datos achegados polos propios comités de empresa e procedentes de estudos de diversos observatorios económicos, tales como que por cada euro gastado polo Estado no sector naval retornan catro euros ás arcas públicas.

 

EU de Vigo xa prepara unha iniciativa parlamentaria ao través do deputado adscrito para temas de Galicia, Jose Luis Centella, para que MINISTERIO DE INDUSTRIA e FOMENTO preparen unha comisión mixta para avaliar ó retorno ao público dos asteleiros privatizados a finais dos 90, establecendo un control público das inversións.

Relacionados