Seguridade na refinería

Esquerda Unida demanda máxima transparencia en relación co plan de emerxencia da refinería. O complexo industrial de CLH Repsol Petróleo e Repsol Butano produce gasolina e gasóleo, butano e propano fundamentalmente. Nas súas instalacións hai líquidos combustibles, gases inflamables e produtos tóxicos. Así as explosións e os incendios son os accidentes máis probables, debido a que os líquidos a presión en contacto directo con chamas, provocan unha enorme vaporización.

Debido a esta situación existe a obriga legal de elaborar un Plan de Urxencias Exterior, que ten que ser actualizado cada cinco anos, no que se defina todas as hipóteses de incidentes susceptibles de xerar accidentes con posibles vítimas e danos materiais, así como determinar a zona de intervención e de alerta e os sistemas de actuación e coordinación en caso de accidente grave. Xa que logo, esiximos que o Concello que desenvolva unha campaña informativa sobre os riscos que ocasiona a refinería e como se debe actuar en caso de catástrofe.

A zona máis perigosa é a área onde se sitúan as esferas de gas propileno, propano e butano, situada entre os tanques de cru e os de gasolina, moi preto do núcleo de Nostián, o polígono industrial da Grela e os centros comerciais Marineda City e Ikea, onde se identifican até vinte hipótese de accidentes. En caso de explosión dunha esfera a bóla de lume que causaría queimaduras de primeiro grao a persoas situadas nun radio de 2.270 m, así como danos en estruturas, madeiras e cristais. Asemade a zona de afección no caso de incendio ascende até 2,9 Km. Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes brinda o seu apoio ás reivindicacións da veciñanza de Nostián e anuncia unha próxima xuntanza coa directiva da AVV. Para achegar ao Pleno as súas demandas. Como que non se realice ao aire libre o almacenaxe de carbón, coque e xofre, ou a instalación de estacións de medicións de calidade de aire e medición acústica. Semella lamentable que pasado un mes do suceso os veciños non obteñan información apesares de tela demandada activamente incluso con mobilizacións.

César Santiso indicou que “os coruñeses vivimos baixo un polvorín. Si verdadeiramente Respol está comprometida coa cidade e forma parte da Coruña, como publicita, debe trasladarse ao porto exterior. Repsol xa acadou grandes beneficios a consta de por en risco a seguridade dos coruñeses e coruñesas coa súa actividade no porto coruñés e o poliducto que atravesa a cidade, chegou o momento de que os reverta na sociedade coruñesa e marche ao porto exterior sen facer negocio”.

 

Relacionados